Noticias de Hoy
Dixie Town
Fecha: 06/12/2013
Horario: 20:00

Concierto de Psychotic Acid Freek + Dixie Town + Thee Blind Crows

Concierto de Psychotic Acid Freek + Dixie Town + Thee Blind Crows en Santiago de Compostela

Dixie Town

O trío de blues Dixie Town, dacabalo entre Vigo e Santiago, debutaban no 2007 como un trío de blues sinxelo e directo. No 2012 publican o seu terceiro disco ‘O Furacán’, unha sorpresa chea de chiscadelas aos powers trío clásicos de blues, que con elegancia e personalidade está a coarse en todos os festivais e ciclos de blues e rock do estado cunha excelente resposta de público e critica.

Web: www.musikaze.com/dixietown

Thee Blind Crows

Dúo Pontevedrés formado en 2008, melómanos do rock´n´roll e inspirados en bandas como Flat Duo Jets, Immortal Lee County Killers, Black Keys, Cramps, Zen Guerrilla, R.L. Burnside… realizan un estilo incendiario e visceral que recolle o blues máis sureño e o garage-punk máis primitivo.

Web: www.theeblindcrows.bandcamp.com

Psychotic Acid Freek

Son un dúo de blues do delta, pantanoso, ruidoso e hipnótico formado a principios de 2013 e procedente do Grove, os seus membros son, Mack Paramo (guitarra, voz, harmónica ) e Raul Rey (batería) e entre as súas influencias podemos destacar a, Blind Willie Johnson, a Velvet Underground e os Stooges.

Web: www.psychoticacidfreek.bandcamp.com