Concierto de Música Reservata en Santiago de Compostela.
MÚSICA RESERVATA
Tras 25 anos de actividade ininterrompida, Musica Reservata de Barcelona é un dosconxuntos vocais máis coñecidos de España pola súa dedicación exclusiva ao repertorio relixioso do renacemento e, moi especialmente, á escola ibérica de polifonía. Numerosos directores convidados achegaron a súa experiencia ao traballo de MRB, xa que o conxunto non ten director fixo: Jean-Marc Andrieu, Peter Phillips, Andrew Carwood, Bart Vandewege, Paul Hillier, Bruno Turner, Romà Escalas, Josep Vila e Mireia Barreira. Actuaron en España, Alemaña, Francia, Italia, Palestina, Xordania, Polonia e Finlandia. Participaron nos principais festivais españois: Granada, Daroca, Barcelona, Ronda, Cuenca, Girona, FIMTE (Almería) ou os de Ciutadella e Mahón, en Menorca. En 1995 gañaron o primeiro premio do Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España. Gravaron cinco discos, un deles é un concerto en directo ofrecido en Granada en 1999, coa dirección do británico
Peter Phillips, co que presentaron o seu último CD en 2009. En 2016 previuse o lanzamento un novo disco, coa recuperación das Lamentaciones de Semana Santa do compositor Joan Pau Pujol. A pesar de dedicarse á música antiga, o seu interese polo repertorio contemporáneo levounos a interpretar Stimmung de stockhausen, en Granada, Alteae Cuenca. Os compositores A. Guinovart e A. racil dedicáronlles varias pezas polo seu décimo aniversario. En 2009, ademais, gravaron Lamentaciones, de Joan Sanmartí, froito dunha exposición do artista Javier Pérez. Agustín Charles e Miguel Anxo Hurtado compuxeron senllas obras de encarga para celebrar o seu 25º aniversario.
Música Reservata
Isabel Juaneda e Marta Rodrigo, cantus
Jordi Abelló e Mercè Trujillo, altus
Albert Riera e Antonio Trigueros, tenor
Jordi Blanco e Tomàs Maxé, bassus