Noticias de Hoy
Heredeiros da Crus
Fecha: 19/12/2013
Horario: 21:30

Concierto de Heredeiros da Crus

Concierto de Heredeiros da Crus en Santiago de Compostela

Será un concerto de balde, na praza da Horta do Seminario, e aínda que durará menos do habitual por estar encadrado dentro da programación das festas da cidade da muralla, permitirá aos fans da banda de Ribeira gozar tanto cos temas dos seus primeiros discos como cos éxitos de Jard Rock con Fe. O Concello de Lugo decidiu programar a actuación dos máis jrandes onte á tarde, logo de coñecer que os franceses Les Tambours du Bronx non poderían asistir.

No 2000 visitaron por última vez Lugo, e esta noite volverán facelo, disolución e reencontro (ademais duns cantos anos) de por medio. Os Heredeiros da Crus actuarán no San Froilán. Será esta noite de venres, contra as 21.30 horas, na praza da Horta do Seminario. Os franceses Les Tambours du Bronx foran os escollidos polo Concello para abrir unha das festas máis emblemáticas do país, pero un contratempo de última hora fixo posible a incorporación ao programa dos máis jrandes logo dunha negociación ás presas entre Airapro Producións, a empresa dos actores Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, e a produtora que xestiona a axenda de concertos da cidade da muralla. Será ademais o primeiro concerto aberto ao público (sen entrada) desde a volta aos escenarios da mítica banda barbanzana, que volveu o pasado marzo de 2012 coa súa formación orixinal.
O aclamado espectáculo de Heredeiros da Crus, no que unha formación de once artistas (entre músicos, coristas e voces) suben ao escenario para interpretar o amplísimo repertorio desta mítica banda, triunfou este verán en dous festivais nos que ao redor de dúas mil persoas corearon ao unísono éxitos como Quero josar, Fillo de José ou Non quero nada de tí. Fran Velo, Tuchiño, Javi Maneiro e Tonhito de Poi son, xunto con Manu Rey na batería, os protagonistas de toda unha experiencia musical que non deixa indiferente a ninguén. A intención da banda é rematar o ano sobre os escenarios, exprimindo ao máximo un novo disco, Jard Rock con Fe, que colleita innumerables eloxios en todos os ámbitos da música galega.

Web: www.heredeirosdacrus.com