Noticias de Hoy
Concierto de Das Kapital en Santiago de Compostela
Fecha: 04/09/2015
Horario: 22:30 a 22:30

Concierto de Das Kapital en Santiago de Compostela

Concierto de Das Kapital en Santiago de Compostela.

Das Kapital constituíronse como célula agit-prop electrónica durante a primeira metade de 2011 en Santiago de Compostela (Galicia). Con Marcos Paino aos mandos electrónicos, Leo Fernández Campos, O Leo, na voz e Daniel Salgado cos sintetizadores dixitais e as letras, ao grupo contribúen ademais David Ageitos (guitarras), Doctor Chou (guitarras e sintetizadores), Tomás Ageitos (controis) e Xosé Carlos Hidalgo (deseño gráfico).

A finais do pasado ano, Das Kapital colocou na rúa o seu primeiro disco, Ruído negro. Autoeditado, con licenza creative commons e cunha tiraxe limitada en vinilo, o traballo tamén se pode descargar gratis no seguinte enderezo: www.daskapital1.bandcamp.com

A banda invoca os espectros de Walter Benjamin e Einstürzende Neubauten, de Lois Pereiro –a cuxo poema Narcisismo poñen música- e Programme, de Heiner Müller –dramaturgo alemán, autor da letra d’O anjo do desespero- e Nine Inch Nails. Ruído negro figurou en varios resumos do mellor do ano. Das Kapital tocou no último Festival Sinsal xunto ás xaponesas Nisennenmondai, unha canción súa resultou incluída na compilación internacional Plásticos y etéreos e participaron n’A tribo toda baila, álbum homenaxe a Os Resentidos

“O que hai detrás da portada non é rock, pero si perforador, xélido e deliberadamente ruidoso. É violento e será de culto”, Iago Martínez, El País

“Oito cortes nos que se deixan levar polos ritmos alemáns e os efectos electrónicos claramente influenciados por formacións como Einstürzende Neubauten e Nine Inch Nails”, Fernando Fernández Rego, La Fonoteca

“Do seu debut, a gran sorpresa do ano en Galicia, despréndese un berro desesperado e cheo de raiba contra a situación actual. O futuro ten que pasar por Nos días do medo e Manifesto dos enfermos, o mellor deste tratado de socialismo ou barbarie”, Xavier Valiño, Ultrasónica