O Compostela Reggae Fest 2014 é un evento musical organizado pola Asociación Cultural Minho Reggae.
Dende a súa fundación, conta con anos de experiencia na produción e xestión de diversos festivais e eventos músico-culturais que apoian e fomentan a música, promoven un estilo de vida consciente e respectuoso co entorno e a diversidade cultural e artística.
Apoiando un estilo musical concreto, a Asociación Minho Reggae aposta pola difusión da música reggae galega, reunindo a algunhas das bandas máis representativas da Comunidade co fin de ofrecerlle ao público a posibilidade de asistir ao primeiro festival temático reggae da Comunidade no que participan bandas galegas. Tamén quere ser unha cita de reunión para todos os artistas e amantes deste estilo musical así como unha plataforma para os grupos de reggae, tanto noveis como de longa traxectoria, para darse a coñecer e amosar o seu traballo.
Un festival que nace con espírito de continuidade e coa intención de consolidarse como unha das citas máis relevantes en Galicia de reggae neste 2014, tendo en conta a boa acollida e a resposta social que está tendo a programación anual que organiza o colectivo na Galiza.
En definitiva, a Asociación Cultural Minho Reggae , apostando pola difusión e o coñecemento dun estilo musical cada vez máis estendido na nosa sociedade, presenta unha proposta de organización, en colaboración coas diversas administracións locais e cos responsables da Sala Capitol, o Festival de Reggae Galego, que permitiría situar a Galicia nun dos referentes nacionais e tamén internacionais deste estilo musical.
O evento celebrarase na Sala Capitol, sita na cidade de Santiago de Compostela, e que conta cun aforo máximo permitido de 800 persoas. O custe do billete de entrada será:
Billete anticipado 8 € ( Paypal, locais adheridos)
No despacho de billetes 10 € (na propia sala o mesmo día do evento)
Poden acceder menores, previa firma de unha autorización paterna/materna na propia sala.
Os pais (únicos habilitados para firmar), poden acercarse a facelo en horario de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h de luns a venres, de aquí ata data do evento.
PROGRAMA
20:30h: Apertura de Portas
20:30h: Sound
21:00h: Meninos Carentes
21:55h: Natural Green
22.50h: Transilvanians
23:45h: Zamaramandi