VII Ciclo 1906 de Jazz 2014 en Santiago de Compostela
Del 16 de marzo al 25 de amyo de 2014
Brad Mehldau que inaugura o ciclo, posúe unha man esquerda que frasea, que canta e que tece un marabilloso contrapunto ás ideas vertidas pola súa xemela, xunto con Larry Grenadler ao contrabaixo e Jeff Ballard á batería, compoñen a 'Brad Mehldau Trío' refuxio onde se expresa con maior rotundidade. Tras eles chegarán o 6 de abril Avishai Cohen Trío que nos deleitará co mellor do seu repertorio. Sons brillantes, cinematográficos con toques étnicos e de musica folk israelí. E péchase a programación no Teatro Principal con Kenny Garrett, o máis destacado alumno da última época do seu descubridor, Miles Davis, que nos ofrecerá co seu The Kenny Garrett Quintet o 25 de maio unha velada que seguro resulta inesquecible.
Bono para os tres concertos do Principal
As entradas están á venta na billeteira do Principal (aberta de martes a sábado e días do cocnerto de 18.00 a 21.00h) así como en Novagalicia Banco (web e teléfono).
16 de marzo de 2014 - Brad Mehldau Trío (+Info) - Teatro Principal
6 de abril de 2014 - Avishai Cohen Trío (+Info) - Teatro Principal
25 de mayo de 2014 - The Kenny Garrett Quintet (+Info) - Teatro Principal
Existe a opción mercar un abono para os 3 concertos por tan só 45 euros ata as 21.00h de mañá martes 25 de febreiro.
Tres concertos máis no Dado Dadá e peche na Praza da Quintana
Ademais dos concertos do Teatro Principal o ciclo ofrece outros tres concertos na cidade, no Dado Dadá, no mes de abril. Serán:
3 de abril de 2014 - Freedonia (+Info) - Doda Dadá
25 de abril de 2014 - Jerry González Trío (+Info) - Doda Dadá
30 de abril de 2014 - Roberto Somoza (+Info) - Doda Dadá.
Ademais Santiago será escenario tamén do final do ciclo a través de un Maratón de Jazz Galego o 19.06 na Praza da Quintana. Serán 12 horas de música de balde e en directo en plena rúa co obxectivo de compartir cos viandantes de forma aberta e sen barreiras as propostas musicais de 12 formacións galegas de jazz.
[gallery ids="4447,4464,4451,4459,4454,4468"]