O artista norteamericano chega a Santiago de Compostela para presentar o seu flamante novo traballo "Big Wheel and Others", que supón o séptimo na súa imparable traxectoria e que de novo edita Domino Records, fogar de populares e prestixiosos grupos coma Franz Ferdinand ou Artic Monkeys, entre outras delicatessen marca da casa.
A carreira de Cass McCombs, nun terreo estilístico aberto pero próximo ao folk rock americano da costa este, é a dun nómada inquedo que fai que lle guste vivir en cámpings e ata en coches, e asegurar que quere que na súa lápida poña "Por fin en casa", pero que por outra banda goza dun enorme recoñecemento, tanto en EE.UU. coma en Europa, do que da conta a súa participación en festivais de primeira magnitude e que medios de referencia coma Pitchfork (USA), Mojo (UK) ou Rockdelux (ES), estean totalmente rendidos ante as composicións do californiano.
No seu concerto en Santiago de Compostela, unha das primeiras datas en Europa da presentación do seu novo doble LP, estará acompañado dunha robusta banda, co que poderemos disfrutar de todos os matices da complexa obra deste imprescindible autor contemporáneo.
Web: www.cassmccombs.com