O Curso será unha breve introdución á historia do nacemento, primeiras pegadas e evolución do beatbox. Tamén coñeceremos os fundamentos das técnicas básicas (Caixas, rimshot, hi-hat e bombo outward, lip roll sinth), Fx básicos (Cricket fx, vocal, whistle, electro, zelde scratch) así coma técnicas de melodía e voz.
Impartido por Narci Rodríguez:
Cantante, beatboxer e multinstrumentista. Músico “freelance” que combina diferentes e variados aspectos da voz que van dende a locución ata os vanguardistas ritmos de beatbox. Lidera o seu propio cuarteto de jazz, é interprete de diferentes estilos e é un músico moi solicitado da escena actual galega
- Non son necesarios coñecementos previos.
- Prazas limitadas.
- Prezo: 15 €
- Inscripción: 981561895 / info@escola-estudio.com