O Festival Internacional de Cinema CURTOCIRCUÍTO celebra vinte anos de traxectoria consolidándose como un dos festivais máis senlleiros de Galicia.">

Noticias de Hoy
Curto Circuito
Fecha: 03/10/2023 a 08/10/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Curto Circuíto en Santiago de Compostela

O Festival Internacional de Cinema CURTOCIRCUÍTO celebra vinte anos de traxectoria consolidándose como un dos festivais máis senlleiros de Galicia. 

Do 3 ao 8 de outubro o Teatro Principal e outros espazos do casco histórico acollerán por vixésimo ano consecutivo proxeccións, espectáculos audiovisuais, encontros e outras actividades dirixidas a todas e todos os que gocen do cinema en pantalla grande.

O 3 de outubro O corno, a segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, terá a súa estrea galega na xornada inaugural de Curtocircuíto no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tras o seu paso pola Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián e polo Festival Internacional de Cinema de Toronto.

Nesta nova edición de Curtocircuíto tamén destacan as sesións especiais que protagonizarán o colectivo Rapapawn o xoves 5 de outubro ás 19:45 horas na Sala Numax e a artista Anneke Necro o venres 6 no mesmo espazo e horario.

O venres 6 de outubro a partir das 18:00 horas no Teatro Principal, o xurado desta edición explorará a intersección entre palabras e imaxes de Lo que el río lleva. A seguinte charla do programa de Curtocircuíto 2023 terá lugar o venres 6 de outubro ás 21:00 horas na Sala Numax.

O sábado 7 de outubro ás 18:00 horas, o Teatro Principal acollerá un encontro entre Ramón Andrés e Niño de Elche, no que os artistas afondarán na creación contemporánea.

curto circuito