Despelúxate

Fecha 1-03-2014
Hora 11:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Despeluxate1 marzo de 2014 as 11:30 e 17:00 horas

Obradoiro de perrucas para cambiar de aspecto no Entroido

Queres soltar a melena? Mudar de peiteado? De cor? E de personalidade? O Gaiás dáche a oportunidade de facer todo iso e máis con Despelúxate, un obradoiro de perrucas no que construír a imaxe perfecta para gozar do Entroido.

Da man de Akira Valero, nenos a partir de 6 anos aprenderán a reutilizar obxectos xa usados como envases de plástico, papel, tubos de cartón ou cintas de cores para confeccionar unhas vistosas e divertidas perrucas coas que será difícil que os recoñezan. Unha mestura de volumes, texturas e cores para obter o disfraz máis orixinal deste Entroido.

Museo Centro Gaiás
Organiza: Cidade da Cultura de Galicia
Entrada: 3€. Á venda no Punto On da Cidade da Cultura e enwww.servinova.com (+gastos de xestión).
Billeteira: 4€
A partir de 6 anos
Prazas limitadas: 30

Página web: www.cidadedacultura.org

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×