Concerto da Real Filharmonía de Galicia

Fecha 21-01-2021
Hora 11:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Xoves 21 e venres 22 de xaneiro ás 11.00 horas no Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996.  Paul Daniel é, desde 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon  Helmuth  Rilling e Antoni Ros  Marbà. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha tempada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo. Realizou xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia. A  RFG mostra un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de 12 cedés, dedicados a  Maurice Ravel, Manuel de Falta,  Frederic  Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José  Arriola. A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de propostas didácticas, familiares e programas especiais; promovendo ademais a realización de concertos en espazos abertos. A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a xoves intérpretes. Este xoves e o venres representarán no Auditorio de Galicia Pangea- El paisaje sonoro de nuestro planeta, a cargo do director Abrbaham Cupeiro.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×