Genaro da Silva presenta o libro Flor negra en Pontevedra

Fecha 18-05-2018
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Flor negra podería ser Beatriz, Helena ou Laura que se revolven cun espello na man onde o poeta se ve espido tras exhibirse a través delas como alma inconmensurable e desbordante capacidade de amar. Na mirada que o espello provoca, xorde este libro inquietante sobre a identidade do poeta, a del propio e a del ante outro. A flor negra sérvelle a Genaro da Silva de pretexto para construír un drama romántico que acaba nunha combustión desordenada cando o poeta se decata das tremoias que el mesmo tendeu. Descubre que está nun teatro pero aínda así non interrompe a representación e continúa a actuar mentras todo arde detrás do escenario. Da Silva fala do desexo e do medo antes do desexo. Fala das dificultades de abrirse ao outro, de abrazar ao animal e quitarse as máscaras – seguindo a Bataille – para buscar vida até na morte.

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×