Nesta conversa haberá un co-protagonista: Lumes, o novo libro de Ismael editado por Apiario, porque Lumes contén nos seus versos á familia, á morte, ó corpo especialmente...
Compartimos un anaquiño da entrevista feita por Montse Dopico ao autor no que fala precisamente do corpo:
"O corpo nunca foi metáfora na miña escrita. Teño a certeza de que o corpo é o único lugar desde o que acceder a todo, desde o que estarmos. Neste libro vou máis alá, no sentido de ver como os corpos se relacionan coas demais fisicidades. O corpo é o que nos dá todo, somos corpo, pero o corpo tamén ten a capacidade de quitarlles a vida a outros seres, e a nós mesmos. E depender diso, desa realidade, é unha arma de dobre folla coa que temos que aprender a vivir. Ademais, é o único lugar desde o que podemos transcender. Quero dicir, que para pensar máis alá, o primeiro é saber o lugar onde estamos. E só podemos pensar desde o corpo."