Vermú entre libros con Tamara Andrés en Pontevedra
'Corpo de Antiochia', o último libro da poeta editado por Galaxia, será un dos temas da conversa. Na páxina da editorial di que 'Corpo de Antiochia' é unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan.