Unha tapa con Carlos Casares: Vento Ferido en Pontevedra
Nesta ocasión “VENTO FERIDO” comentada por DOLORES VILLAVEDRA FERNÁNDEZ e “10 lecturas compartidas con tapa".
”Unha ducia de relatos curtos forman Vento ferido, o libro que deu a coñecer a Carlos Casares en 1967 no entón nacente panorama literario galego. Nesta primeira obra, o autor toca xa algúns dos temas que serán fundamentais na súa traxectoria: a memoria, a desesperanza e a violencia. Alternando o monólogo interior coa narración en terceira persoa, Casares retrata personaxes desesperados, vellos que agardan unha visita que os saque da monotonía, cegos, enfermos e vítimas de amores imposibles, cunha linguaxe seca e apegada á oralidade".
DOLORES VILAVEDRA FERNÁNDEZ é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela.