Ademais dos seus poemas, Baldo e Lorena, levarannos polos seus espazos artísticos e vitais que compartirán con nós.
Lorena Conde vén acompañada de Inés Salvado e Sergio PF. Recrearán poemas de 'Entullo' (a obra coa que gañou o XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación de Coruña) nunha proposta que deron en denominar "as irmás Leña".
Baldo, por outra banda, vén achegar a visión máis plástica da poesía, un eido que leva explorando desde hai tempo e que define a súa textualidade. 'Cartas dende o esquenzo' é o seu último poemario editado por Galaxia (Falamos de Libros).
Coordina e presenta Tamara Andrés