Noticias de Hoy
programa NOS D
Fecha: 14/11/2017 a 22/11/2017

Programa Nós-Feminino Plural en Pontevedra

Programa Nós-Feminino Plural en Pontevedra

A visibilización e empoderamento das mulleres artistas guía a campaña do próximo 25-N, que promoven o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial coa coordinación da firma local “Martina Dadá”. Baixo o lema NÓS-Feminino Plural porase en marcha un “ambicioso e amplo” programa cultural de actividades dirixidas a crear conciencia social, combater a violencia machista e avanzar na igualdade.

Poesía, perfomance, debate, música, roteiros pola cidade, teatro, un concurso e a presentación do libro “Invisibles”- sete historias de mulleres maltratadas polas súas parellas- terán cabida en NÓS, cuxas actividades desenvolveranse do 14 ao 22 de novembro.

Martes 14. Intervención poética de Tamara Andrés, co título “Recuperar as mans”. 12:00 h. Praza da Peregrina.

Mércores 15 . Performance “P-Persoa Ola 1!, a cargo de Teresa Búa. 12:00 h. Praza da Peregrina.

Xoves 16. Charla – coloquio baixo o título “A muller na escena musical”. 20:30 h. Casa da Luz.

Venres 17. Concerto “As mulleres músicas de Pontevedra. 20:00 h. Teatro Principal.

Sábado 18. Roteiro pola cidade “Cunca e necora especial NÓS Turiña, de 12:00 a 14:00 h. “A muller-artista e o Patrimonio Cultural en Pontevedra”, evento promovido pola Deputación de Pontevedra, de 11:00 a 15:00 h. na 1ª planta do Mercado de Abastos.

Domingo 19. Maratón teatral no Teatro Principal coa representación ás 12:00 h. da obra “Fin de mes”, a cargo da Aula de Teatro do CIM, e pola tarde, ás 20:30 h. dará comezo “Puedes llorar los viernes”, con Vicky Estévez.

Mércores 22. Presentación do libro “Invisibles”, no que se analizarán a maltratadores e torturadas a través do relato de sete historias de mulleres que sufirron a violencia da súa parella. 20:30 h. Teatro Principal.

“A MULLER-ARTISTA E O PATRIMONIO CULTURAL DE PONTEVEDRA”

Con motivo do ano do patrimonio da Deputación de Pontevedra, nace “A muller-artista e o Patrimonio Cultural de Pontevedra”, unha xuntanza de mulleres creadoras no Mercado de Abastos, propoñendo unha correlación entre as artistas e o Patrimonio Cultural.

Seleccionaránse 15 creadoras relacionadas coa cidade de Pontevedra, mediante unha convocatoria pública, onde as creadoras terán que enviar a documentación necesaria por correo electrónico.

As participantes serán escollidas por membros institucionais e profesorado da Facultade de Belas Artes.

A xuntanza terá lugar o 18 de novembro de 2017, de 11:00 a 15:00 h. na primeira planta do Mercado de Abastos.

Prazo de inscrición: do 30 de outubro ao 13 de novembro.

Programa e bases

Cartaz_Xeral

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635