Presentación libro: Invisibles de Montse Fajardo en Pontevedra
A presentación do libro “Invisibles” da escritora e periodista Montse Fajardo, no que será o acto central da campaña do 25-N – Día Mundial contra a violencia de xénero- que o Concello organiza cada ano co obxectivo de poñer o foco, debater e reflexionar arredor da violencia machista. A presentación do libro estará arroupada pola música de Eladio Santos e Gaudi Galego
“Invisibles” recolle sete historias de maltrato, sete historias de mulleres vítimas da violencia de xénero -superviventes ou non- coas que “se quere visibilizar o invisible”, segundo indicou a concelleira de Igualdade, Carme Fouces durante a presentación aos medios do libro, na que estivo acompañada pola autora e polo alcalde Miguel Fernández Lores.