Presentación libro: 14 poemas de Avelino Díaz en Pontevedra
Trátase dunha edicion crítica, con traducións ao alemán, español, francés e inglés, de catorce poemas que Avelino Díaz lle enviara a Filgueira Valverde en marzo de 1936. Os poemas ían ser incluídos na Escolma da lírica galega que proxectara o Seminario de Estudos Galegos para celebrar o centenario de Rosalía de Castro en 1937, un proxecto que a guerra civil botou por terra.
A edición e o estudo crítico son responsabilidade do profesor Benigno Fernández Salgado. As traducións dos poemas foron obra de John Rutherford, Fina Penalta, Edmond Ferly e Tina Poethe.