Presentación dos contos en Pontevedra
Mercedes Queixas Zas e Paula Pereira presentan 'Xandra a landra que quería voar'. Xandra é unha landra que agarda coa súa familia o momento de descender das pólas das árbores, mais ela o que quere con todas as súas forzas é poder voar. As outras landras intentarán que esqueza o seu desexo, pero Xandra non se dará por vencida.
A ilustradora María Montes presentará 'A brétema', un conto de María Victoria Moreno situado na aldea de Vilaxeada onde vive unha entrañabel velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón.
Ambos libros están publicados por Urco Editora, no caso d'A brétema recuperan esta fermosa obra escrita por María Victoria Moreno, autora homenaxeada no día das Letras galegas 2018