Presentación do libro Marisé e o loro Ravachol en Pontevedra
Este libro de 36 páxinas editado por Fervenza recolle unha historia, a modo de conto, que pretende que nenas e nenos viaxen no tempo coa protagonista, Marisé, e coñezan a figura do loro Ravachol e o seu dono, Perfecto Feijoo.
Descubrirán un loro que vivía nunha botica e que chegou a converterse no centro da vida social da cidade de Pontevedra.