Noticias de Hoy
27067124_575845126090120_549902960325557276_n
Fecha: 03/02/2018
Horario: 12:30

Presentación: Deshabitar unha casa en Pontevedra

Presentación: Deshabitar unha casa en Pontevedra

Míriam Ferradáns gañou a XX edición do prestixioso PREMIO FRANCISCO AÑÓN de poesía que convoca anualmente o Concello de OUTES. Despois de meses da súa consecución, ao fin temos a sorte de poder presentalo en BUEU nun acto no que a autora estará acompañada pola poeta Lucía Novas, a fotógrafa Alba Sotelo e o técnico de Cultura de Outes, Santiago Nieto.

Miriam Ferradáns

Nada en Bon (Beluso, Bueu) o 16 de xaneiro de 1982, é unha escritora galega.Gañou o terceiro premio do certame Xuventude Crea co poema "Novecomaoito" en 2012. En 2013 e 2014 gañou o Premio Rosalía de Castro de Cornellá con "Decibel" e "Ruído". En 2016 gañou o Premio Francisco Añón coa plaquette Deshabitar unha casa e o Premio de poesía Pérez Parallé co poemario Dos nomes do fume. En decembro dese mesmo ano gañou o segundo premio no Certame Rosalía de Castro de Cornellá e o Certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo por "Do tacto".

Lucía Novas

Nada en Bueu en outubro de 1979, é unha escritora e docente galega.
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Exerce como profesora no ensino secundario de Lingua e Literatura Galega. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. Colabora con poemas seus en revistas como Grial, PolpACasa da GramáticaMadrygal. Revista de Estudios GallegosO Ollo Público Escrita Contemporánea.

 

 

 

Deshabitar una casa E
noelia ferrands
lucia novas