Noticias de Hoy
cartel laura
Fecha: 01/06/2017
Horario: 21:00

Presentación del libro: Polifonía Amorosa, en Pontevedra

Presentación del libro: Polifonía Amorosa, en Pontevedra.

'Polifonía amorosa' é un libro que narra diferentes experiencias amorosas de persoas que intentan alonxarse da violencia e explorar prácticas máis libres nas súas relacións. É tamén un libro de ficción baseado nas testemuñas das entrevistas realizadas en Madrid, Cidade de México, Oxaca, San Salvador, Cidade de Guatemala, Bogotá, Montreal e Bos Aires. Nun mundo onde a idealización os mitos e a violencia baleiran de sentido palabras como amor, liberdade, relacións ou coidado; esta compilación pretende amosar os desexos, dores, emocións e contradicións que atravesan as nosas relacións reais.

Polifonía amorosa é un conxunto heteroxéneo de historias escritas empregando diferentes xéneros literarios: cartas, relatos, conversacións, monólogos... respectando a lingua das persoas entrevistadas. É tamén unha interesante incursión na difícil arte de relacionarse.