Noticias de Hoy
mexico
Fecha: 06/04/2018 a 29/04/2018
Horario: 01:00 a 01:00

O Salón en Pontevedra

O Salón en Pontevedra

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra naceu en 1999 e chegou para quedarse como un dos principais eventos da nosa cidade. Case dúas décadas cheas dunha ilusión que se mantivo sempre viva na nosa cidade. O Salón foi un sinal de identidade, o faro que guiou unha maneira de construír unha cidade ao redor das crianzas.

I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado  polo Concello de Pontevedra e Urco Editora 

 Con motivo de honrar a figura de Maria Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, e promover unha creación literaria de calidade para o público xuvenil, o Concello de Pontevedra e Urco Editora convocan a primeira edición do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil.

México é o país invitado para a edición de 2018 e teremos unha variada mostra da literatura infantil e xuvenil do país, pero tamén unha selecta representación do mundo da escrita, a ilustración, a edición e a promoción da lectura mexicana.

O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela pretendemos render merecida homenaxe a ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX.

Programado

19 ao 21 de abril 2018 

I Congreso de Mediación Lectora do Salón – as exposicións e todas as actividades impartidas pola delegación de profesionais chegados do país colaborador: México. Unha colaboración que está a ter unha elevada repercusión mediática ao outro lado do Atlántico.

2 de abril 2018

A inauguración é Día do Libro Infantil, coa inauguración na Biblioteca Pública da exposición mexicana ‘Invitemos a ler’ e a lectura do manifesto do IBBY na que participarán Fina Casalderrey, Victor Rivas e Luz Gallego.

5 de abril 2018

Inauguraremos ‘Pintacuentos’ no Museo de Pontevedra, coa participación dos representantes institucionais e a delegación mexicana.

6 de abril 2018

Finalmente, inaguraremos o Salon co espectáculo ‘Catrina e Doña Francisca’ da ODFC e Paula Carballeira

13 de abril 2018

Primeiro encontro de clubs de lectura xuvenís colaboradores co Salón. Unha xornada literariamente ben divertida con música de Canela Cafuné, co espectáculo “Nin fadas nin princesas”, seguido dunha moi especial xincana literaria con creadores e creadoras de luxo: Ledicia Costas, Fran Alonso, Tamara Andrés, Anxo Fariña e María Reimóndez. Os restantes IES colaboradores asistirán ao obradoiro ‘Historias Debuxadas’ con Kiko Dasilva e Luis Davila

19 de abril 2018

Cinefórum sobre o filme ‘Querido Tomás’ con Fina Casalderrey e Uxía Blanco, autoras da obra.

Horario de tarde e de xeito aberto, con inscrición previa no correo salondolibro@salondolibro.org a mocidade contará cunha ampla oferta de obradoiros sobre:

  • Podcasting literario, os mércores e os venres de man de Radio Escaparate da Universidade de Vigo: Aprenderemos todos os segredos da radiodifusión e o podcasting, desde o guión ata a edición de audio, para crearmos o noso propio programa de radio 
  • Booktubers os xoves da man de Producciones Mutantes / Elefantes de Cacharrería / Ana Seoane: A rede e canles como Youtube son espazos xenias para falarmos de libros mais, que sabemos da linguaxe audiovisual? Este obradoiro ofrece sinxelos e efectivos recursos técnicos para pensar, gravar e editar o noso canle de Booktubers
  • Bookstagrammers, da man de Andrea Area, os dous últimos venres (20 e 27)os espectáculos exclusivos e nunha aposta polo noso e pola posta en valor das agrupacións musicais e os profesionais do noso país, un ano máis a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, deseñou o que será o espectáculo inaugural o venres 6 ás 18h., de balde, ‘Catrina e Doña Francisca’

Narradora Paula Carballeira que acompañará a música orquestral composta polo compositor galego, Mario Diz e o director convidado Juan Miguel Romero Llopis. Exclusivo do Salón será tamén ‘A Ovella Engracia’: Baseado nun texto de María Lado, este espectáculo con cancións orixinais de Lucía Aldao e música do Seminario Permanente de Jazz, foi deseñada en exclusiva para o Salón do Libro.

ESPECTACULOS TEATRAIS

‘O secuestro da Gabinete de comunicación Salón do Libro bibliotecaria’ de Sarabela Teatro o venres 20, ‘Rosa Caramelo’ de Talía Teatro o venres 27 e para ESO e público adulto, ‘Emilia’ de Teatro del Barrio o venres 13.

Tamén o Coro do Conservatorio Manuel Quiroga co seu concerto ‘Entre autoras e cancións’ cancións creadas por mulleres compositoras, poetas e escritoras de diferentes partes do mundo o luns 23.

 

OBRADOIROS

Os obradoiros e espectáculos para bebés de 0 a 3 anos son das actividades máis agardadas polo público do Salón e alternaranse entre sábados e domingos, todos eles con 3 sesións ao día ás 12, 17 e 18:30h, aforo limitado e un prezo de 3€, con venda só 1h antes de cada espectáculo na billeteira da Sala de Obradoiros.

  •  Sábado 7 de abril 2018 - Teatro ‘Bath time’ de Katarsis Educación:Unha interpretación chaplinesca cun toque dos anos 20. Mancharse con chocolate pode ser divertido e, se é na hora do baño, moito máis! Dous amigos, unha chea de chocolate, unha bañeira e musica orixinal son os ingredientes desta orixinal posta en escena para o público miúdo. 
  • Domingo 15 de abril 2018 - Espectáculo Musical ‘Moraima’ de Marcelo Dobode Onde o bosque afonda, alí vive unha nena chamada Moraima, rodeada dun mundo máxico que nos levará a unha viaxe polos soutos. Coa música e os xogos faranos gozar, cantar e tocar o seu mundo marabilloso
  • Sábado 21 de abril 2018  - Pintamúsica Viu el teatre! Un espectáculo para bebés que achega os máis pequenos ás artes escénicas e musicais a partir dunha experiencia vivencial onde a música e a visualidade das imaxes teñen un papel protagonista para captar a atención do espectador realizando un percorrido sensorial da man de tres pintamúsicos. 
  • Domingo 29 de abril 2018 - Puño Puñete de Baobab Teatro. Espectáculo Musical recén estreado que presentará o seu disco no Salón Achegase ao público miúdo unha orixinal proposta de contos, cantigas e música, convidando aos bebés e ás mamás e papás a descubrir un mundo de sensacións e emocións. Para non perder! Os espectáculos musicais terán lugar cada sábado ás 19 horas no Auditorio cun custe de 3€ por persoa e venda anticipada na Casa da Luz dnde o luns anterior e ate o xoves e unha hora antes na billeteira do Auditorio. Serán:
  • Sábado 7 de abril 2018 - ‘Mar Odaiko e Fantoches Baj (Estrea): Baseado na obra Mar adiante de María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas. Un espectáculo que mestura cantigas e música, danza e marionetas nunha singular travesía na que navegaremos rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nesta historia que recrea o conto de Crarisca e Luceiro Gabinete de comunicación Salón do Libro
  • Sábado 14 de abril 2018 - ‘Radio Bule Bule’ de Paco Nogueiras: Apetécevos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións? Nel hai de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. Non perdas a fantástica oportunidade de sintonizar Radio Bulebule con Paco Nogueiras e pasalo ben coas amizades. Un espectáculo baseado no libro-cd-dvd homónimo editado por Kalandraka.
  • Sábado 21 de abril 2018 - O camiño dos paxaros Magín Blanco: Nun luminoso verán, un neno namorado da música goza do amor e dos bailes da súa nai. Cando esta deixa de respirar, no escuro outono, déixalle como legado unha caixiña, que lle é arrebatada por un paxaro que voa cara a latitudes máis cálidas. No frío inverno, inventores e inventoras dos lugares máis afastados veñen tratar de consolar o neno cos agasallos máis incribles, mais el non atopa a luz en ningún deles. Espectáculo baseado no Libro CD do mesmo título editado por FOL Música 
  • Sábado 28 de abril 2018 - ‘As que máis molan’ María Fumaça: Para pór o case punto e final á edición deste Salón, que mellor que a familia musical de María Fumaça, que nos achegan unha proposta nova cos seus máis coñecidos e recoñecidos traballos, as cancións que máis molan! Unha tarde para bailar, cantar, celebrarmos a vida e gozar en familia con Manola, a Carolina, a formiguiña do mercado... Como vén sendo habitual non faltarán as contadas como os ‘Contos que cruzan océanos’ nas que colaboran contadores de aquí con compañeiras mexicanas, os de Anxo Moure, Raquel Queizás, Pavís Pavós, Migallas, Andrea Bayer, Bea Campos, Soledad Felloza, Charo Pita, Xarope Tulú, Polo Correo do Vento... Diferentes actividades da man de Outros da man de Van Divulgación, CSIC, Ceo Aberto, Matina Dadá. Presentacións de libros como ‘Xandra a landra que quería voar’ con Mercedes Queixas e Paula Pereira, etc.

Obradoiros das profesionais mexicanas sobre as tradición oral indíxena, a poesía, ilustración. Encontros, obradoiros e presentacións de autores como María Solar, Anair Rodríguez, Antonio García Teijeiro, Fina Casalderrey, Ledicia Costas, Eli Ríos, Ánxela Gracián, de ilustración con Víctor Rivas, Alba Blanco, Abi Castillo. E destacar que no eido da ilustración, os profesionais en formación poderán participar nas I Xornadas Profesionais de Ilustración , fomentando o encontro entre profesionais galegos e mexicanos nun diálogo cos demais axentes do sector do libro: editorial, libreiro, de creación, literarias, etc. Será o primeiro sábado 7 pola mañá, e pola tarde o ecnontro será coa ilustradora Valeria Gallo. Os seguintes sábados (14 e 21) os encontros serán respectivamente cos ilustradores Gabriel Pacheco e Mafalda Milhoes.

Terán tamén diferentes posibilidades de participar en visitas guiadas a ‘Pintacuentos’ e as diferentes exposicións da man de ilustradores e para público familiar tamén se ofertarán visitas guiadas á sala os martes e os xoves ás 18 horas, da man do monitorado e os domingos ás 12 á exposición ‘Pintacuentos’ no Museo, da man da artista Itziar Ezquieta.

"En total máis de 150 actividades para todos os públicos que teñen como obxectivo o fomento da lectura e o achegamento ao mundo do libro e a literatura , abrazar culturas alén do mar, e proxectar a nosa cultura tamén alén do mar. No Salón fomos quen de presentar unha programación internacional deste calibre grazas ao posicionamento internacional que ten a nosa cidade. As ‘Mulleres de conto’ son a liña argumental que atravesa todas as actividades.