Félix Caballero presenta: O humor en cadriños II en Pontevedra
O humor en cadriños II, de Edicións Morgante, recolle as conversas con Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide onde falan sobre a natureza do seu oficio e das dificultades do humor gráfico galego perante o desconcerto da prensa na era de internet. As conversas acompáñanse dunha pequena mostra do traballo de cada un deles.