Conferencia Xoán Carlos Abad Gallego en Pontevedra
XOÁN CARLOS ABAD GALLEGO falará dos libros
DIAS NEGROS (Instituto de Estudios Vigueses, 2016) e MÁIS DIAS NEGROS (Instituto de Estudios Vigueses,2017)
Presenta: Carlos Méixome
DÍAS NEGROS. Crónica lutuosa dalgúns dos feitos que encheron de dor e morte o sur da provincia de Pontevedra. Até 1936. As vitorias e os triunfos adoitan crear sentimentos de integración entre os colectivos humanos; pero son, sen dúbida, os dramas e as derrotas os que conforman os máis profundos vínculos de solidariedade. Moitos son os momentos nos que o drama se abateu sobre a nosa bisbarra, e moitas foron as respostas solidarias das súas xentes á hora de encaralos. O que somos hoxe como sociedade ten moito que ver con isto.
MÁIS DÍAS NEGROS. Crónica lutuosa dalgúns dos feitos que encheron de dor e morte o sur da provincia de Pontevedra (dende 1936 até 1978). Trátase da continuación de Días negros . Empregando como fío condutor algúns dos acontecementos lutuosos colectivos máis recordados, o autor aproveita para ir recorrendo, ó longo da bisbarra sur da provincia pontevedresa, algúns dos seus momentos históricos máis significativos. Nesta ocasión o período cronolóxico desenvolvido esténdese entre os anos 1936 e 1978.
XOAN CARLOS ABAD GALLEGO: Historiador e actual director do Instituto de Estudios Vigueses.