Nesta presentación conxunta Ramón Piñeiro fará unha visión xeral da colección, Alba María falará do libro “Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo” do que é autora, Jesús Blanco de “Maruxa Boga. Recordando a Galicia” do que é autor xunto con Norberto Pedro Cirio e Sergio Cobos falará de “Manuel López López. O gaiteiro de Poso” do que tamén é autor xunto con Carlos Rei e Iván Costa.
A colección Chave Mestra está centrada en personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer, e que axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfonistas, violinistas, narradores, acordeonistas… No 2017, unha nova fornada de títulos súmanse a esta colección. Pandereteiras, folcloristas foráneos, músicas na emigración, regueifa,…
Estes libros conteñen fotos inéditas, contexto e ensaio histórico e musical, transcrición e análise de partituras e CDs con gravacións orixinais e inédicas en cada unha das publicacións.