Noticias de Hoy
Vertixe Sonora Ensemble en Santiago de Compostela.
Fecha: 09/10/2016
Horario: 13:00 a 13:00

Vertixe Sonora Ensemble, en Santiago de Compostela. Microteatro Psicopático

Vertixe Sonora Ensemble, en Santiago de Compostela. Microteatro Psicopático.

Programa
Microteatro Psicopático
palabras perdidas, monstros e espazos misteriosos

Achegamento á obra literaria de Javier Tomeo co compositor Óscar Carmona Carlos Álvarez-Ossorio, actor

Vertixe Sonora Ensemble
Pablo Coello, saxofón Alejandro Vázquez, trompeta Diego Ventoso, percusión Criptana Angulol, violonchelo Ángel Faraldo, electrónica Antonio Romero, contrabaixo Rubén Barros, guitarra eléctrica David Durán, piano www.vertixesonora.net

Teatro musical
Tempo despois, decidinme a escribirlle ao autor daquelas páxinas e ludicamente intercambiamos un par de correos electrónicos, con fragmentos de historias inconclusas, palabras perdidas e viaxes nas profundidades electrónicas... Hoxe, máis de dez anos despois, e tras ler moitísimos dos seus textos, interésame realizar un traballo cruzado, que dea conta do seu mundo literario, das súas criaturas asimétricas, os seus monstros, pero tamén do noso encontro virtual. Un cruzamento entre o literario e o real, do ritmo escrito ao ritmo sonoro, da palabra acompañada de música á música acompañada de palabra, ou a palabra feita música e tamén viceversa. En fin. Desde unha banda sonora até un teatro musical, unha colección de imaxes, de teatro sonoro, de contos breves ou microhistorias, de reflexións musicais, de espazos virtuais perdidos que se recrean nunha instancia musical lúdica ou simplemente nunha mestura sen apelidos, unha combinatoria entre a literatura de Tomeo e a miña música, e tamén entre a miña literatura e a súa musicalidade, entre os espazos virtuais compartidos, o non escrito, o imaxinado... Óscar Carmona, xaneiro de 2016.

Desde a súa aparición en 2010, Vertixe Sonora Ensemble converteuse nun auténtico revulsivo da sociedade española. A súa permanente estrea de obras novas permite que Galicia participe da creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante. Un referente insubstituíble para a última xeración internacional de compositores que atopa nas súas producións a oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva global e en permanente estado de convulsión, na procura da excelencia artística. Integrada por artistas sonoros e destacados solistas de música contemporánea, Vertixe Sonora Ensemble mantén unha constante interlocución con artistas plásticos, músicos de jazz, intérpretes clásicos e xente do teatro e da danza. A partir dunha consciencia da multiplicidade no achegamento ao sonoro, establece un constante diálogo e interacción co pensamento, coa ciencia, coa tecnoloxía e con outras formas artísticas desde unha óp- tica cosmopolita, integradora e transcultural, para favorecer un espazo aberto á reflexión, á discusión e ao intercambio no campo da música contemporánea, que non renuncia nin ao rigor, nin á transgresión, nin ao espírito de vangarda. Tamén integra o Instituto Galego de Sonoloxía, unha plataforma para investigar a experimentación sonora con novos medios.

Vertixe Sonora desenvolve unha programación diversificada que dinamiza o ecosistema cultural europeo, favorecendo o intercambio e a cohesión a través da música do noso tempo. O ciclo Música e Arte: Correspondencias Sonoras (CGAC) e sonUTopías (campUSCulturae, da Universidade de Santiago de Compostela), o Festival Internacional de Creación Musical Contemporáneo Vertixe Sonora en Vigo ou o ciclo MIHLsons, na cidade de Lugo, son algunhas das achegas que están a renovar os públicos de música en Galicia. O compromiso por divulgar a música do noso tempo e ampliar o seu público lévaos a organizar os cursos de divulgación musical Aguzar o Oído (MARCO, Vigo), os Encontros Internacionais de Música Contemporánea - cAuSaL, obradoiros de composición e charlas abertas...

O seu labor foi recollido no documental Correspondencias sonoras (2013), do cineasta Manuel del Río.