Vaia cara!

Fecha 3-03-2014
Hora 11:30
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 1 Pin It Share 0 LinkedIn 0 1 Flares ×

Vaia-Cara!

Vaia cara!

Este Entroido, cambiarache a cara no Gaiás. Escolle ollos, narices e orellas e convértete nun monstro terrible ou tenro, un ser fantástico cun só ollo, unha meiga encantadora de grandes ollos azuis…

Vaia cara! Obradoiro de máscaras de monstruos e outros seres fantásticos está dirixido a nenos a partir de 6 anos para que lle dean renda solta á súa imaxinación a partir dunhas sinxelas estruturas ríxidas que deberán decorar e perfilar ao seu gusto. Cartóns de cores, pinturas, lazos e todo o que se lles ocorra serán os elementos cos que construír unha nova cara da man de Manuel Silva, un artista multidisciplinar que aplica a creatividade a diferentes campos de acción.

3 Marzo a las 11:30 horas
Museo Centro Gaiás
Organiza: Cidade da Cultura de Galicia
Entrada: 3€. Á venda no Punto On da Cidade da Cultura e enwww.servinova.com (+gastos de xestión).
Billeteira: 4€
A partir de 6 anos
Prazas limitadas:30

Página web: www.cidadedacultura.org

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 1 Pin It Share 0 LinkedIn 0 1 Flares ×