Noticias de Hoy
serge haroche D
Fecha: 19/07/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Serge Haroche en Santiago de Compostela

Serge Haroche en Santiago de Compostela

O Premio Nobel de Física 2012 Serge Haroche (Casablanca, 1944) visita esta semana Santiago convidado polo Programa ConCiencia de divulgación científica que desenvolve a USC co apoio do Consorcio de Santiago. O mércores 19 pronunciará, ás 20.00 horas no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23) a conferencia pública ‘Como se nutren mutuamente a investigación fundamental e a innovación tecnolóxica’.

O físico francés manterá este martes 18 un encontro cos medios de comunicación ás 11.30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.

Haroche, na actualidade investigador e profesor no Collège de France (París ), recibiu o Premio Nobel xunto con David J. Wineland por descubrir uns innovadores métodos experimentais que permiten a medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais.

Nos anos 80 do século pasado Serge Haroche marcouse como obxectivo algo que parecía imposible: observar directamente partículas cuánticas individuais sen destruílas. Conseguiuno deseñando enxeñosos experimentos con láseres para estudar fenómenos cuánticos cando a luz interacciona coa materia. Co seu traballo na chamada óptica cuántica non só puido observar estados cuánticos fráxiles, algo considerado ata entón inexpugnable, senón tamén controlalos, o que supón un dos primeiros pasos para a construción de computadores extraordinariamente rápidos baseados en física cuántica.

 

Serge_Haroche_E