SELIC 2018 de Santiago de Compostela

Fecha 1-06-2018 a 10-06-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Programación SELIC 2018 de Santiago de Compostela.

A Semana do Libro de Compostela é o resultado de meses de traballo colaborativo entre o Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela.

Naceu o pasado ano, 2017, co obxectivo de atender as demandas e as necesidades de libreiros e editoriais da capital galega, e co reto de ir un paso máis alá das feiras do libro tradicionais. E neste 2018 celebra a súa segunda edición.

Queremos ter un espazo singular, con postos heteroxéneos que reflictan a diversidade do sector do libro de Santiago.

Queremos que a SELIC sexa unha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia. Por iso, máis alá das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro fomentaremos actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas, ou obradoiros. 

Porque Compostela é unha cidade inspiradora e literaria, e merece ter un gran evento que tamén o sexa.

1 de junio de 2018
17.30h. INAUGURACION (Cata Literaria a cargo do Espazo Efémero)
18.30h. “Teixido. San Andrés de Lonxe: Mitos e Ritos”. Deputación da Coruña. —Presentación do libro de Xohana Torres. Participarán á vicepresidenta e responsábel da área de Cutlura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o editor Xosé Puga
18.30h. INFANTIL “Poemas estampados”. XANDOBELA
19.30h. Itinerario Troiano —Realización dun roteiro dramatizado por un guía oficial de turismo: o Paseo Troiano. Este roteiro realizarase no marco da Semana do Libro de Compostela e partirá dende a Casa de la Troya, desenvolvéndose polas rúas do casco histórico ata chegar ao lugar de celebración da SELIC, na Praza da Quintana.
21.30h. OFF SELIC Quico Cadaval

2 de junio de 2018
13.30h. El faro de los tres mundos. Poemario “Cara de velocidade”. —Presentación do Poemario ilustrado coa presenza da autora , Marga Tojo.
17.30h. Espazo Efémero
17.30h. INFANTIL Palacios. Lola e as 21 vacas. —Xogos, contacontos e sinatura do libro da man da ilustradora Blanca Millán e representantes da editorial.
18.00h. Chan da Pólvora. Diálogo entre Daniel Salgago e Ismael Ramos. —Daniel Salgado, autor de “O gran rexeitamento/Flores para Albert Ayler” e Ismael Ramos, autor de “Lumes”. Conversa arredor de ditas obras.
18.30h. INFANTIL A corva, compoñedora de contos. —Cristina Collazo é A Corva, compón osos, pero tamén compón fermosos contos extraídos da cultura popular galega.
19.30h. Roteiro Salvador García-Bodaño —Realización dun roteiro dramatizado por un guía oficial de turismo: o Paseo Troiano. Este roteiro realizarase no marco da Semana do Libro de Compostela e partirá dende a Casa de la Troya, desenvolvéndose polas rúas do casco histórico ata chegar ao lugar de celebración da SELIC, na Praza da Quintana.
21.30h. OFF SELIC Matar a Platón

3 de junio de 2018
13.30h. Autoedicións Micromundos. Presentación de “Disto non se fala”. —Presentación da plaqueta de Verónica Martínez Delgado e Emma Pedreira sobre o acoso e a desigualdade de xénero.
17.30h. Espazo Efémero 18.00h. INFANTIL Mercedes Queixas e Urco Editora. Xandra a landra que quería voar
18.00h. Libraría Lila e A Sega. Ex-céntricas. Autoras desde a periferia. —É importante falar con autoras que escriben desde a periferia, lonxe dos centros nos que se congregan as actividades culturais.
18.30h. Urco. Reunión coas Nosoutras de María Victoria Moreno. —Nesta presentación reuniremos a Helena Villar Janeiro, Ana María Fernández e Ursula Heinze para falar con Xavier Senín.
18.30h. INFANTIL Navegando entre papel e contos mar adiante. XANDOBELA
19.00h. Dulce María Cardoso (CamŎes)
20.00h. Hércules de Ediciones. Presentación do libro Galicia inmaterial, Galicia máxica.

4 de junio de 2018
17.30h. Espazo Efémero
18.30h. O faro dos 3 mundos. Radio bule-bule. —Encontro con Paco Nogueiras e pequeno concerto baseado no seu libro-cd “Radio Bule-Bule”.
19.00h. INFANTIL Patasdepeixe editora. Obradoiro Que é un libro? —Traballo con nenas/os de 6-10 anos sobre o que é un libro e como é proceso de produción.
19.30h. Correntes da conversa —Unha conversa sobre o Correntes d’Escritas entre a organizadora do evento, Manuela Ribeiro e Carlos Quiroga, escritor profesor de literaturas lusófonas na Universidade de Santiago de Compostela.

5 de junio de 2018
17.30h. Espazo Efémero
18.30h. INFANTIL Urco. Obradoiro de ilustración. —Obradoiro de ilustración para público infantil impartido por Eva Agra, ilustradora da colección Mulleres Bravas da nosa historia
19.00h. Alvarellos Editora. El gran viaje de estudios de García Lorca. —Presentación do libro seguida dunha representación teatral da compañía Kalamburu
20.00h. Poesia musicada com Aurelino Costa e Carlos Costa. Um guitarrista português e um poeta.

6 de junio de 2018
17.30h. Espazo Efémero
18.00h. INFANTIL Contos Irene
19.00h. Librería Lenda. In tempus veritas (viaxe pictopoética).
19.30h. Alvarellos Editora. La lámpara maravillosa (Edición facsimilar)
20.30h. Librería Lenda. Atlas dos hórreos de Galicia.

7 de junio de 2018
17.30h. Espazo Efémero
18.00h. Chan da Pólvora. Presentación de “Não tenho culpa de viver” —Teresa Moure presentará “Não tenho culpa de viver”, na que traduce ao galego os poemas de Ana Brouwer prá coleción Malaca de fóra.
18.30h. Mesa debate «Separanos tanto o que nos une» —Unha mesa temática con 2 escritores portugueses e 2 escritores galegos (Suso de Toro e Teresa Moure), moderado por Carlos Quiroga.
19.30h. Palabras Vivas: Voces poéticas En Feminino. —Nesta presentación reuniremos a Helena Villar Janeiro, Ana María Fernández e Ursula Heinze para falar con Xavier Senín.
19.30h. Roteiro Fermín Bouza Brey
20.00h. Palabras Vivas: Voces poéticas En Feminino

8 de junio de 2018
17.30h. Espazo Efémero
18.30h. Chan da Pólvora. Poesía en Acción. —Diálogo interdisciplinar para abrir un espazo de encontro no que o verso acada unha materialidade distinta á do trazo clásico no papel.
18.30h. INFANTIL Navegando entre papel e contos mar adiante. XANDOBELA —Contos e obradoiros. Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores… Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia.
19.00h. Mesa de debate. Irmás Cartoné. A tradución, factor normalizador para o sistema literario galego.
19.30h. Roteiro Paseo Scórpio, de Carvalho Calero en Compostela —Paseo que rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través da súa novela “Scórpio” (1987). As persoas asistentes percorrerán espazos da cidade relacionados tanto co autor como coa obra e o seu tempo.
20.00h. Encontro co poeta Antonio Gamoneda conducido por Claudio Rodríguez Fer
21.30h. OFF SELIC Elías Knorr

9 de junio de 2018
13.30h. El faro de los tres mundos. Presentación da colección “Biblioteca de teatro”
17.30h. Espazo Efémero
18.00h. INFANTIL Palacios. Manuela.
18.30h. INFANTIL Urco. María Victoria Moreno.
19.00h. INFANTIL Pan e auga? Sopas!. XANDOBELA
19.30h. Librería Lenda. Presentación do poemario “Tundra”.
19.30h. Roteiro Carlos Callón —Homosexualidade en Compostela na Idade Media. Organiza Asoc. Cultural O Galo
21.30h. OFF SELIC Concerto Empa

10 de junio de 2019
13.00h. Central Folque. Presentación + microconcerto Mulleres de Gargamala e e Maruxa das Cortellas
17.30h. Espazo Efémero
18.00h. Historias da tinta imaxinaria
18.30h. INFANTIL Quen ten cu ten medo. XANDOBELA
19.00h. Biodiversidade: cara unha sexta extinción masiva. Catroventos Editora.
19.30h. Roteiro Rúas de Poesía

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×