Recreios, una jornada portuguesa en Santiago de Compostela

Fecha 25-05-2019
Hora 19:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Un día adicado a Portugal en Recreios, una jornada portuguesa.
Sábado 25 de maio, no Xardín de Julia, en Compostela.

Coma tantos de nós, en Desconcierto Cultural sempre temos un ollo posto en Portugal, un país que consideramos moi próximo, máis aló do xeográfico. Por este motivo, tiñamos ganas dende hai tempo de dedicarlle un evento monográfico dentro da nosa programación, ao que decidimos denominar “Recreios, uma jornada portuguesa”.

Deste xeito, neste Recreios xuntarémonos nun espazo tan singular coma é O Xardín de Julia, para desfrutar de tres propostas musicais de terras alén da Raia. A enérxica urxencia de Gator, The Alligator, a límpida transparencia de Cassete Pirata e as sinuosidades de Sallim, que dan boa conta da efervescencia do que acontece e fan os nosos irmáns.

Pero queremos sentirnos aínda máis en Portugal e, como non pode ser doutro xeito, sucumbimos á atracción da súa gastronomía, así que os fogóns do Curro da Parra e O Pazo de Altamira traballarán por unha noite en clave portuguesa no propio Xardín, para que o goce sexa total.

E aínda teremos máis noite cando marchemos do Xardín, xa que pecharemos a xornada cunha desbocada pinchada a cargo de Birds Are Indie DJs na veciña sala Riquela.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×