Noticias de Hoy
quien_es_el_sr._schmitt_dossier_comprimido 1
Fecha: 15/11/2018
Horario: 20:30 a 20:30

¿QUIÉN ES EL SEÑOR SCHMITT? en Santiago de Compostela.

¿QUIÉN ES EL SEÑOR SCHMITT? en Santiago de Compostela.

‘¿Quién es el señor Schmitt?, un tipo de obra nada común. O que empeza como unha sorprendente comedia, de súpeto convértese nun thriller de suspense, para terminar acariciando o drama e incluso, finalmente, a traxedia. E todo regado polas augas do absurdo. Un absurdo que emana coherencia e sensatez polos catro costados.

Unha obra que, desde o seu comezo, non busca pechar a historia senón que o público lle poña o seu propio final. Da autoría de Sébastien Thiéry, en versión e coa dirección de Sergio Peris-Mencheta, está protagonizada por Javier Gutierrez e Cristina Castaño. Chega a Compostela dentro de PLATEA, o Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios das Entidades Locais, organizado polo INAEM en colaboración coa FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias).

SINOPSE

O señor e o señora Carnero cean tranquilamente na súa casa, cando de súpeto soa o teléfono.

Pero os Carnero non teñen teléfono.

O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schmitt...

E o que é máis estraño aínda, os Carnero descobren que están encerrados no interior dunha casa que non parece a súa casa: os cadros cambiaron, os libros non son os seus libros, a roupa dos seus armarios non lles pertence...

O pánico apodérase de todo,

O pesadelo non fixo máis que comezar.

Son seica o señor e a señora Carnero, sen sabelo,

o señor e a señora Schmitt?

Quen está tolo?

Quen está en posesión da verdade?

El? Ela? Os “outros”?

O espectador?

Quen é o señor Schmitt?