Noticias de Hoy
episodios
Fecha: 25/04/2019
Horario: 21:00 a 21:00

Presentación dos Episodios de creación contemporánea en Santiago de Compostela

Presentación dos Episodios de creación contemporánea en Santiago de Compostela.

Despois do «Tac, Tac, Tac» e do «Fóra dos museos» NUMAX coordina unha nova actividade que busca a inserción de investigacións e de procesos creativos dentro do seu espazo e coa vitrina instalada no espazo da libraría como punto de partida.

Trátase dun ciclo comisariado polo comisario de exposicións e crítico Angel Calvo Ulloa que busca o achegamento e o debate en relación a unhas prácticas que ven debilitada a súa mensaxe como consecuencia dunha exposición entendida como un organismo inerte. O xoves 25 de abril ás 20:00 a Libraría NUMAX acollerá a presentación do proxecto nun Episodio #0 coa presenza do comisario e de Miguel Anxo Rodríguez, profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela.

O cerne dos Episodios de Creación Contemporánea é a creación contemporánea nas artes visuais, e a partir dos encontros coas artistas Carme Nogueira, Jorge Varela, Diego Santomé, Rodríguez-Méndez e Carla Filipe introducirán unha serie de reflexións cuxas formas variarán ao longo dos meses. O formato das exposicións e a presentación das mesmas permitirá ao público achegarse dun xeito novidoso ás súas formas de traballo.

Os Episodios permitirannos coñecer de primeira man e en primeira persoa o xeito en que os procesos creativos se articulan e toman forma no pensamento e no taller dos e das artistas.