Noticias de Hoy
emiliorua
Fecha: 21/09/2018 a 22/09/2018
Horario: 22:00

Presentación do novo disco de Emilio Rúa en Santiago

Emilio Rúa presentará o seu novo disco, ‘Duetos’, este venres 21 de setembro, ás 21:00 horas, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Trátase dun disco excepcional gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música, como Pablo MIlanés, Victor ManuelLa ShicaJavier ÁlvarezRebeca JimenezCarmen Paris, Josele SantiagoRozalénCarlos Goñi, Vicky GasteloSoledad Gimenez, Rosa CedrónJavier OjedaMercedes FerrerLuis Pastor e Dolo Beltrán.

Na presentación do seu oitavo álbum no auditorio da Cidade da Cultura contará coa presenza de Victor Manuel, Rosa Cedrón e Vicky Gastelo.

Emilio Rúa atópase na plenitude da súa madurez musical. Nestes últimos anos, en paralelo a súa actividade musical en directo, estivo traballando nun disco que colmará as expectativas dos seus seguidores e descubrirá ao compositor e artista de Ourense para aqueles que aínda non o coñecen.

Segundo o autor, este disco é un paso moi importante na súa carreira e tamén para a música galega, “pois leva a artistas moi importantes do panorama estatal e internacional a cantar comigo en galego de forma maioritaria”. En palabras do ourensán, este traballo é “un punto e aparte, neste momento no que cumpro a maioría de idade editando discos e compondo cancións”. 

Emilio Rúa, cantautor e músico natural das Vendas da Barreira (Ourense 1976) leva adicado ao mundo da música desde os sete anos de idade. Comezou a súa carreira profesional no grupo musical Concorde Atenea formado polo seu pai e os seus catro irmáns co que percorreron Galicia e as zonas limítrofes de Castela, Asturias e Portugal durante oito anos. 

Conta con oito discos publicados no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000), Vida Miña (Boa Music 2006), Interior (Pai Música 2010), Despois de ti, a chuvia (Editorial Galaxia 2011) co escritor Xosé Carlos Caneiro, Destino sur (Autoedición/SGAE 2014), Querida Alegría (Autoedición/SGAE 2016), Cantares poesía galega (Autoedición/SGAE 2017) e Duetos (Sorte discos 2018). 

Ten dous importantes premios estatais de cantautores cantando en galego: Cantigas de Maio (Ceutí 2004) e Jóvenes Cantautores de Elx (2006). En discos anteriores, Rúa xa tiña colaborado con grandes artistas como Luís Tosar, Uxía, Carlos Blanco, Guadi Galego, Kepa Junkera ou Celina da Piedade.