Os Resentidos

Fecha 30-05-2014
Hora 22:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Os-Resentidos

Dez anos de carreira musical ben aproveitada poden dar para publicar sete LPs, un EP compartido con Siniestro Total, un recopilatorio e un himno bastardo e rockeiro para un sitio distinto: Galicia Caníbal. Fai un sol de carallo. Unha discografía que marca unha época. Os Resentidos son a big band do rock galego, un referente absoluto para as novas xeracións de músicos do país e un dos grupos de noso máis célebres alén Piornedo.

Críticos, inconformistas, irreverentes, indignados… os motivos do seu resentimento son “amplos e confusos”. Así o recollen unhas letras radicais, que dificilmente pasan a vara de medir o politicamente correcto e que, sen embargo, parecen traxes feitos á medida da sociedade actual. Letras indignadas que Os Resentidos envolven nunha peculiar fusión de rock esquimal, funk depresivo, rap, pop e folk que cantan en galego e para o mundo, sen complexos e con vocación expansionista. Pioneiros do trilingüismo visceral, recollen a esencia de Galicia, jei, e convírtena nun elixir universal que reborda surrealismo intelixente, marxinalidade poética, ironía e festa. Máis vale ser que parecer, defenden. E eles parecen frívolos, pero son divertidos e son comprometidos.

E nos oitenta a súa popularidade era tan grande e tan heteroxénea que alternaban as actuacións como gran atracción nas festas patronais das vilas galegas coas presentacións nos máis selectos platós televisivos de Madrid. Non había (non hai) un alma en todo o Estado que non cantaruxara algunha vez o tema máis célebre da historia do rock en galego: Fai un sol de carallo. A pesares do enorme éxito que colleitaron, ou precisamente por iso, os Resentidos botaron o peche no cumio da súa traxectoria, pero as súas cancións nunca deixaron de soar nin nos bares máis alternativos nin nas festas máis populares…

Web: www.osresentidos.com

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×