Noticias de Hoy
O QUE CHE CONTEI
Fecha: 23/04/2019
Horario: 22:00 a 22:00

O que che contei mentres facías que durmías, en Santiago de Compostela

O que che contei mentres facías que durmías, en Santiago de Compostela.

Este martes 23 de abril estreamos no Teatro Principal de Santiago de Compostela a obra "O que che contei mentres facías que durmías", como parte da Mostra Universitaria. A entrada é gratuíta e pódese recoller dende as 18 horas na billetería.

Inspirados polas insólitas capacidades do ornitorrinco, que dedica até un terzo da súa vida a soñar, os traballadores de Drimo permanecen toda a noite á espreita para construír os teus soños. Pide o que queiras, mergúllate no noso mundo, mantén os sentidos espertos e déixate levar. Mais non esquezas que para poder soñar, primeiro hai que ser quen de durmir.

Faísca Teatro é unha compañía universitaria que xa vén de facer outras pezas como Historia natural das extrañas criaturas mariñas. Nesta ocasión, o elenco invítanos a facer unha viaxe polo mundo dos soños. Humor, danza e emoción xúntanse nesta peza de creación colectiva.

Elenco (por orde de intervención):
María Alonso Espasandín
Jose Gregorio Vera
Lucia Bascoy Otero
Loaira Sánchez Lázare
Icía Rodríguez
Martín Gómez Nimo
Miguel Cavadas Docampo

Ilustración: Sabela Arias