Nadal no Gaiás

Fecha 18-12-2020 a 6-01-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Gaias. 

A Xunta de Galicia convida as familias a gozar do 18 de decembro ao 6 de xaneiro dun Nadal no Gaiás na que unha xigante árbore interactiva, Stellae, será a gran protagonista destas festas na Cidade da Cultura: xa que van ser as e os propios visitantes, a través dos seus dispositivos móbiles, os que decidan como iluminala e as composicións musicais que emanen dela.

Esta creación da prestixiosa artista visual Marta Villaverde –na que as luces de cores e as notas musicais desta árbore se activan coa lanterna dos mobiles– compartirá protagonismo na programación do Nadal no Gaiás con actuacións musicais ao vivo e de balde de Xesús Vaamonde & Xosé Lois Romero e os seus cantos tradicionais de Reis, o 26 de decembro; de Soledad Felloza e Esemble ConcertArt con interpretación de axóuxeres e panxoliñas, o 28 de decembro; e as versións en rock e música urbana de temas infantís de Uxía Lambona e a Banda Molona, o 4 de xaneiro.

Emisións en liña

As tres actuacións serán retransmitidas en liña pola canle de YouTube da Cidade da Cultura para, deste xeito, compensar a limitación de prazas dispoñibles polas restricións que marcan as actuais medidas de seguridade sanitaria pola situación da covid-19.

Ao ser estas unhas festas que dan entrada ao 2021, Ano Xacobeo, o Camiño vai ter tamén presenza simbólica no relato deste Nadal no Gaiás, comezando xa pola árbore Stellae –en clara referencia a estrela que guiaba os e as peregrinas ata Compostela– ata a iluminación exterior do complexo do Gaiás, inspirada na Vía láctea, simboloxía tan próxima ás rutas xacobeas. Esta decoración verase completada cunha árbore lumínica no cumio do Monte Gaiás, no Bosque de Galicia, visible desde diferentes puntos do centro de Compostela.

Videofelicitacións cun canto de Reis

Precisamente, a adaptación a época covid-19 fai que o tradicional concurso de postais de Nadal da Cidade da Cultura se transforme este ano nun convite a través das redes sociais para que a cativada envíe vídeo-felicitacións destas festas a través dun Canto de Reis regueifado.

Os músicos Xesús Vaamonde & Xosé Lois Romero –que forman parte da programación desta edición– farán unha convocatoria polas redes sociais do Gaiás para que a rapazada se grave interpretando un Canto de Reis proposto por eles.

Deste xeito, lanzaranlles este convite para que se animen a compartir esta vídeo-felicitación non só entre a súa familia, senón que a fagan chegar á Cidade da Cultura co obxecto de crear unha gran felicitación-mosaico con todas as recibidas, que se subirá nunha peza conxunta ás contas de Facebook, Twitter e Instagram do Gaiás entre os días 24 e 25 de decembro.

Nadal de cine: Súper8 e Cinema e emocións

A programación do Gaiás completarase cunha instalación audiovisual no andar 0 do Museo Centro Gaiás, Nadal Súper8, na que se proxectará unha peza creada con gravacións caseiras e familiares do Nadal feitas en fita Súper8 nos anos 70 do século pasado. Trátase dunha viaxe audiovisual afectiva e entrañable á celebración destas festas noutras épocas.

Hai que lembrar que entre as exposicións actuais do Museo Centro Gaiás atópase Cinema e emocións, unha mostra moi axeitada para plans en familia nestas celebracións con vacacións escolares, xa que se fai un percorrido a películas míticas que marcaron a infancia de moitas e diferentes xeracións. De entrada de balde e aberta de martes a domingo, de 10.00 a 20.00 horas.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×