Los Planetas

Fecha 25-07-2014
Hora 21:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Los-PlanetasA principios dos 90 Jota e Florent deciden formar o grupo LOS SUBTERRÁNEOS como voz e guitarra uníndose May Oliver ao Baixo e máis tarde, Paco Rodríguez na batería. Graban varias maquetas, destacando a producida en abril de 1992 que inclúe os temas Mi hermana pequeña, El centro del cerebro, La caja del diable e Espiral, registradas con un novo batería, Carlos Salmerón.

ticketea11

Xa que Christina Rosenvinge se fai acompañar dun grupo co mesmo nome deciden cambiar a LOS PLANETAS co que participan en varios concursos e convértense en habituais en programas de radio de música independente como Discogrande e Diario Pop Elefant Records publica o seu primeiro vinilo ao que seguen outros e máis tarde, en 1994 son fichados pola gran discográfica BMG a través do seu subselo RCA que edita Super 8 producido pro Fino Oyonarte, daquela membro do grupo Los Enemigos. Este disco recolle algunas das cancións grabadas nas primeiras maquetas.

En 1996 para a grabación do segundo disco (Pop) acuden ao productor Kurt Ralske, líder da banda neoiorquina Ultra Vivid Scene. Paco Rodríguez deixa o grupo sendo substituído por Raúl Santos. Séguelle Una semana en el motor de un atutobús (1998) grabado en Nova Iorque de novo coa producción de Kurt Ralske, elegido pola revista Rockdelux como mellor disco do ano, segundo mellor disco da década dos 90 e 18 mellor disco nacional do século XX.

Na formación do grupo danse de baixa May Oliver e Raúl Santos, sendo substituídos polo escocés Kieran Stephen e o granadino Eric Jiménez. Tamén colaboran no disco Jesús Izquierdo e Banin Fraile, este último acabará formando parte da formación estable do grupo.

Seguen Canciones para una orquesta química (1999) Unidad de desplazamiento (2000), Encuentros con entidades (2002), Los Planetas contra la ley de la gravedad (2004) que será de nvoo coproducido por Los Planetas e Carlos Hernández que será a súa última colaboración co grupo despois de 6 anos de traballo. Conta cancións como El golpe de gracia, Nunca me entero de nada e os singles Y además es imposible (a dúo con Irantzu Valencia, voz femenidna de boa parte da trayectoria de La Buena Vida, número 1 na lista de ventas de sencillos española e No ardieras.

La leyenda del espacio (2007) primeiro álbum non recopilatorio de Los Planetas publicado en ano impar parafrasea o título dol seminal La leyenda del tiempo editado en 1979 por Camarón de la Isla. Varias cancións do disco adaptan flamenco a estruturas do rock, entre elas inclúense temas como El canto del Bute, Si estaba loco por ti, Reunión en la cumbre, Ya no me asomo a la reja, Tendrá que haber un camino (cantada por Enrique Morente) ou o single Alegrías do incendio.

O 3 de abril de 2008 recibiu o recoñecemento de mellor disco nacional de rock alternativo de 2007 nos Premios da Música organizados pola Academia das Artes e das Ciencias de Música.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×