Noticias de Hoy
diversidade
Fecha: 14/11/2019
Horario: 16:00 a 16:00

IV Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación: interseccións, corpos e vidas en Santiago de Compostela

IV Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación: interseccións, corpos e vidas en Santiago de Compostela.

ARELAS e a Facultade de Ciencias da Educación da USC, comprácenos invitaros as “IV Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación: interseccións, corpos e vidas”, que se celebrarán os días 14, 15 e 16 de novembro de 2019, no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela.
As xornadas son abertas, gratuitas, están acreditadas e para poder asistir simplemente é necesario formalizar a inscrición antes do día 5 de novembro a través da seguinte ligazón.

O sexo, o xénero ou a orientación sexual non son conceptos analizables de forma estática e transhistórica, non refiren a unha realidade homoxénea e aplicable dun mesmo modo a todas as persoas. Este principio metodolóxico sobre o modo no que nos aproximamos á diversidade sexual e de xénero ten consecuencias no ámbito das políticas públicas educativas que merecen ser analizadas en primeira persoa. Os suxeitos da revolución non son unívocos e ten voz propia. O sexo, o xénero ou a orientación sexual interactúan con outros eixos de opresión como a raza, a clase social ou a (dis) capacidade producindo contextos xenuínos de vulnerabilidade que deben ser analizados e escoitados atendendo ás súas propias particularidades. Por este motivo, as xornadas deste ano abordarán algunhas destas interseccións que atravesan os corpos con sexualidades non normativas ou xéneros diversos, facilitando espazos de encontro e debate desde unha perspectiva tanto científica como activista.