Noticias de Hoy
Imperdible 2017 de Santiago de Compostela
Fecha: 03/05/2017 a 07/05/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Imperdible 2017 de Santiago de Compostela

Imperdible 2017 de Santiago de Compostela.

No IMPERDIBLE celebraremos o efímero do momento, a chispa da espontaneidade, a creación instantánea diante do público. Pero ademais tamén queremos poñer en valor a linguaxe universal en común que compartimos. Agradecemos poder entendernos con artistas doutras latitudes, doutras culturas, doutras disciplinas. Reivindicamos a impro como ferramenta de traballo creativo e como xénero puxante en tódalas disciplinas.

¡O IMPERDIBLE é o festival que non te podes perder, unha festa onde todo pode pasar!

Desde a compañía TheMomento Impro, queremos convidarvos a participar no IMPERDIBLE 2017, o IIº Festival de Improvisación de Galicia, que se celebrará do 3 ao 7 de maio en Santiago de Compostela. Este ano o Festival convírtese nun Encontro entre improvisadoras de toda a península. Javier Pastor, o recoñecido mestre madrileño de “El Club de la Impro”, será o encargado de dirixir o formato no que actuarán improvisadoras de compañías procedentes de Granada, Barcelona, Madrid, Zaragoza, Alicante, Valencia, Gijón, Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

Tamén contamos co soundpainter Ricardo Gassent para pilotar a Big Band Impro Compostela e cos zaragozanos Teatro Indigesto para presentar o seu espectáculo “Secuestrados”.

Mércores, 3 de maio de 2017
12:00 Big Band Compostela na PRAZA DE ABASTOS
22:00 Noite Improbable BAR CAMALEA. TheMomento Impro actuará coma todos os mércoles no seu local de referencia, coa participación dos convidados que xa chegaron.

Xoves, 4 de maio de 2017
16:00 a 20:00 Obradoiro de Oniria. Con Javi Pastor
22:00 Impro Maxín. MATADOIRO COMPOSTELA. Unha jam de impro onde xogaremos todas as improvisadoras convidadas do Encontro.

Venres, 5 de maio de 2017
11:00 a 14:00 Obradoiro de soundpainting. Alfonso Medina/Ricardo Gassent
16:00 a 20:00 Obradoiro de Oniria. Con Javi Pastor
21:00 Secuestrados TEATRO PRINCIPAL. Teatro Indigesto presenta o seu espectáculo

Sábado, 6 de maio de 2017
11:00 a 14:00 Obradoiro de soundpainting. Alfonso Medina/Ricardo Gassent
10:00 a 14:00 Obradoiro de Impro Pura Emoción. Con Encarni Tarumba
16:00 a 20:00 Obradoiro de Oniria. Con Javi Pastor
21:00 Oniria Teatro PRINCIPAL. Función do formato dirixido por Javi Pastor
23:00 Jam e festa BAR OLVIDO

Domingo, 7 de maio de 2017
10:00 a 14:00 Obradoiro de soundpainting. Alfonso Medina/Ricardo Gassent
10:00 a 14:00 Obradoiro de Impro Pura Emoción. Con Encarni Tarumba
21:00 Big Band Compostela TEATRO PRINCIPAL. Función de soundpainting da Big Band Compostela cos convidados, dirixidos por Alfonso Medina e Ricardo Gassent.