Noticias de Hoy
festa do deporte 2017 santiago de compostela
Fecha: 17/06/2017
Horario: 12:00 a 21:30

Festa do Deporte 2017 en Santiago de Compostela

Festa do Deporte 2017 en Santiago de Compostela.

A Festa do Deporte ten un dobre obxectivo: achegar a variada oferta deportiva de Santiago á veciñanza e ás persoas que nos visiten e homenaxear e premiar ás entidades deportivas que temos na nosa cidade.

A día de hoxe son máis de 50 as entidades deportivas apuntadas a esta Festa do Deporte, que terá un total de 47 disciplinas deportivas. A veciñanza terá a oportunidade de probalas e gañar así unha serie de adhesivos que poderá trocar por premios. Cada deporte que se practique suporá un adhesivo. Cun terase desconto no aparcadoiro, con tres dereito a avituallamento e con dez gañarase a mochila oficial da Festa do Deporte.

Catro sedes
Esta primeira Festa do Deporte celebrarase en catro sedes, ás que se lle suma o Pavillón Lorenzo de la Torre. Así, o Campo de Fútbol de Santa Isabel acollerá o fútbol, adestramentos para toda a familia, rugby, fútbol americano, quidditch ou tiro con arco. As piscinas albergarán todos os deportes de auga como o waterpolo, a natación, o triatlón ou o mergullo; o Pavillón de Santa Isabel terá judo, patinaxe, squash ou tenis de mesa; na Alameda apostarase pola capoeira, o fútbol sala, o baloncesto ou o balonmán; e na praza Roxa haberá xogos tradicionais, zumba e ciclo indoor, e danza urbana. Finalmente, a sede co maior número de actividades será o parque de Galeras, con loita olímpica, agility, boxeo, pesca, xadrez, ioga, karate, aikido, esgrima…

Encontros entre Corporación e xornalistas
Os políticos e políticas de Raxoi e os/as xornalistas disputarán a partir das 12:30 horas dous partidos de media hora de duración no complexo de Santa Isabel. O primeiro deles será de rugby e o segundo de deporte adaptado. Para apuntarse só é preciso enviar un e-mail a festadodeporte.santiagodecompostela.gal. O obxectivo destes encontros non é outro "que gozar da festa, reforzar os lazos e pasar un bo anaco", indicou Noa Morales.

As actividades comezarán ás 11:00 horas de forma simultánea en todas as sedes e finalizarán ás 20:30 horas. A partir de entón haberá unha pequena festa de peche no Campo de Fútbol de Santa Isabel. A Festa do Deporte está aberta a toda a familia e poderase participar achegándose ás diferentes sedes e actividades.

A única que precisa que a xente se anote antes é a de mergullo. As persoas que desexen participar deberán anotarse pola mañá e participarán pola tarde.

PROGRAMA COMPLETO

Campo de Fútbol Santa Isabel
11.00h a 14:00. FÚTBOL Federación Galega de Fútbol - S.D. Compostela Escola Vero Boquete - Victoria F.C.
11.00h a 20:30h. FÚTBOL AMERICANO C.D. Black Ravens FA
11.00h a 14:00h. RUGBY Santiago Rugby Club
11.00h a 20:30h. TIRO CON ARCO Arqueiros de Compostela
16:30h a 20:30h. QUIDDITCH Asociación Deportiva de Quidditch Lumos Compostela
16:30h a 20:30h. ENTRETEMENTO PARA TODA A FAMILIA Recluta Parrulo
16:30h a 20:30h. BALONMÁN Club Balonmán Ribadosar

Pavillón Santa Isabel
10.00h a 12:30h. IUDO Compostela Judo Club
11.00h a 20:30h. TRÍATLON Club Triatlón Arcade Inforhouse Santiago
11.00h a 20:30h. SQUASH Federación Galega de Squash
13.00h a 14:00h. PATINAXE Club Patinaxe Compostela
16:30h a 20:30h. XIMNASIA RÍTMICA Club ximnasia Rítmica "Viravolta" | C.D. Ximnasia Rítmica Compostela
16:30h a 20:30h. BÁDMINTON Federación Galega de Bádminton
16:30h a 20:30h. TENIS DE MESA Arteal Tenis de Mesa

Piscina Santa Isabel
11.00h a 14:00h. WATERPOLO Club Waterpolo Santiago
11.00h a 14:00h. NATACIÓN Club Deportivo de Natación Ciudad de Santiago
11.00h a 14:00h. TRÍATLON Club Triatlón Arcade Inforhouse Santiago
16:30h a 20:30h. MERGULLO Mergullo Compostela

Parque Galeras
11:00h a 12:00h. BOXEO C.D. Abuelo Box
11.00h a 18:30h. DISC GOLF DiscGolf Santiago
11.00h a 20:30h. PESCA Venatoria de Santiago
11.00h a 20:30h. XADREZ Federación Galega de Xadrez
11.00h a 14:00h. ESGRIMA Compostela Esgrima
11.00h a 20:30h. ATLETISMO Club de Atletismo Fontes do Sar
11.00h a 20:30h. GOLF Real Aero Club de Santiago
11.00h a 14:00h. HÓCKEY Diverpatín Club Deportivo. Club de Hockey Compostela
11.00h a 20:30h. BÉISBOL Club Leones de Santiago BBC
11.00h a 14:00h. IOGA Club Deportivo Avalon Kai
11.00h a 20:30h. A CHAVE Asociación Xogadores de A Chave de Santiago
11.00h a 20:30h. AIKIDO Asociación Galega de Aikido Dentou Iwama Ryu
11.00h a 20:30h. ENTRETEMENTO PARA TODA A FAMILIA Don Bosco
11.00h a 14:00h. AGILITY E CANICROSS Asociación de Cans Deportistas – ACADE
11:30h a 12:00h. PILATES A.C. de Saude Natural ASSANA
11:30h a 12:30h. TAO YIN A.C. de Saude Natural ASSANA
12.00h a 13:00h. IOGA A.C. de Saude Natural ASSANA
16:30h a 20:30h. ESGRIMA Gallaecia in Armis
16:30h a 18:30h. TENIS Club de Tenis Compostela
16:30h a 20:30h. KARATE Club Deportivo Avalon Kai
16:30h a 20:30h. KARATE E TAEKWONDO Bushi-Kai Alvela
18:00h a 19:00h. TAICHÍ TRADICIONAL A.C. de Saude Natural ASSANA
18:00h a 19:00h. BOXEO C.D. Abuelo Box
18:00h a 20:30h. LOITA OLÍMPICA Club de Loita Stellae
18:00h a 19:00h. PILATES A.C. de Saude Natural ASSANA
18:30h a 20:30h. ROLLER DERBY C.D. As Brigantias Roller Derby
19.00h a 20:00h. IOGA A.C. de Saude Natural ASSANA

Praza Roxa
11.00h a 12:00h. DANZA URBANA IB Urban Dance Studio
12.00h a 14:00h. ZUMBA E CICLO INDOOR Espagat Urban Gym & Spa
11.00h a 14:00h. XOGOS TRADICIONAIS Xogos Tradicionáis de Compostela

Alameda
11.00h a 12:00h. BALONCESTO Federación Galega de Baloncesto. Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas
11.00h a 20:30h. FÚTBOL SALA Santiago Futsal
11.00h a 20:30h. DEPORTE ADAPTADO Federación Galega de Deporte Adaptado
11.00h a 20:30h. HÓCKEY Hockey Club Raxoi
11.00h a 13:00h. ZUMBA Multiusos Fontes do Sar
16:30h a 20:30h. XOGOS TRADICIONAIS Xogos Tradicionáis de Compostela
17:00h a 19:00h. CAPOEIRA Multiusos Fontes do Sar

Pavillón Lorenzo de la Torre
13:00h a 19:30h. ESGRIMA Compostela Esgrima

Praza da Constitución
16:30h a 20:30h. SKATEBOARD Asociacion Santiaguesa Skaters

Avenida das Letras
11:00h a 14:30h. DEPORTE ADAPTADO Federación Galega de Dano Cerebral - FEGADACE