Espectáculo O Charco de Ulises

Fecha 24-01-2021
Hora 17:30
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

 

Domingo 24 de xaneiro ás 17.30 horas no Salón Teatro

O Charco de  Ulises é unha versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico. A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.  Ulises permanece  errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non transcendería se non saíse dela. A función do día 20 de xaneiro realizarase coa luz de sala parcialmente acesa e está enfocada a persoas ou colectivos que teñan dificultades para permanecer sentados e sen moverse nunha sala escura durante o tempo que dura unha función teatral. A función do día 24 de xaneiro conta con axudas humanas e técnicas para permitir unha maior e mellor comprensión dos eventos ás persoas con dificultades  auditivas, visuais ou intelectuais. O Salón Teatro conta en todas as representacións con lugares reservados para as persoas que se desprazan en cadeiras de rodas. A diferenza do resto das funcións, haberá durante toda a representación, nun extremo da boca de escena, unha persoa intérprete de lingua de signos.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×