Encontro Galego de Ilustración

Fecha 14-11-2020
Hora 10:00
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Encontro Galego de IlustraciónOnline.

A decimosetima edición do Encontro Galego de Ilustración será a primeira completamente virtual e terá lugar o vindeiro, sábado, 14 de novembro entre as 10:00h e as 19.00h con catro charlas arredor do mundo da ilustración máis alá do papel, entre os videoxogos e os novos soportes dixitais, e outros tantos invitados para ampliar os coñecementos e a situación do sector da ilustración, Javi de Castro, Susy Broullón, Montse Piñeiro e Isabel Méndez, presentados pola actriz e presentadora Neves Rodríguez. Todas as charlas emitiranse en directo en formato webinar e o público poderá participar mediante preguntas por escrito. O Encontro é gratuíto pero é necesario inscribirse previamente en bigmaker.com/series/EncontroAGPI.

O presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que organiza este Encontro “Os autores convidados para esta edición visibilizarán partes da nosa profesión menos coñecidas, en mercados crecentes e en clara expansión”. Miguel Cuba, elixido recentemente presidente da AGPI, explicou os contidos principais e as intencións da cita “Susy Broullón falará da súa aventura no mundo dos videoxogos, Javi de Castro das súas experiencias no mundo dixital e Montse Piñeiro amosará as posibilidades da interacción entre distintas disciplinas artísticas. Ademais, Isabel Méndez impartirá un obradoiro sobre un tema esencial da profesión: a protección dos dereitos de autor, tanto nos contratos como no incerto mundo da internet”.

Esta edición pretende combinar a liña fundamental da historia destes encontros: profundizar nos distintos aspectos da profesión da ilustración e buscar unha maior visibilidade do seu traballo e de todos os aspectos do sector que quedan fóra da ollada dos espectadores. Por outra lado, estrear este ano o formato virtual obrigado polas circunstancias provocadas pola pandemia sen renunciar aos cometidos de debater entre profesionais as novidades do sector e os distintos escenarios nos que se move e tamén ofrecerlle aos interesados na ilustración algunhas perspectivas sobre este traballo, como sucede nesta edición ao tratar argumentos sobre novas e plataformas para o traballo dos e das ilustradoras.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×