Noticias de Hoy
distans_2_1
Fecha: 30/11/2019
Horario: 18:30 a 18:30

DE VOL'E TEMPS presenta en Santiago de Compostela: DistanS

DE VOL'E TEMPS presenta en Santiago de Compostela: DistanS.

DistanS fala de amizade: os recordos que seguen vivos nos nosos corazóns a pesar dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, a soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.

Un pacto, un código segredo, unha cápsula do tempo, unha promesa…

Dentro de 20 anos no mesmo sitio á mesma hora.

A vella casa da árbore onde dous amigos compartían as súas tardes de ocio entre xogos, risos, fantasías e complicidade.

O tempo pasa e a distancia é inevitable pero non ten que supoñer o esquecemento. Como dicía a canción, 20 años no es nada…E dous personaxes que encontraron a maneira de poder seguir xuntos na distancia aínda que a vida os leve por camiños diferentes.

Unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido.