Noticias de Hoy
Concierto de Xose Constela dentro del SantiAutor 2017 de Santiago de Compostela
Fecha: 23/03/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto de Xose Constela dentro del SantiAutor 2017 de Santiago de Compostela

Concierto de Xose Constela dentro del SantiAutor 2017 de Santiago de Compostela.

Programa completo del SantiAutor 2017 de Santiago de Compostela.

Licenciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2002, é técnico especialista en Sistemas de Información Xeográfica (2006). Foi profesor de Xeografía na Universidade da Coruña e investigador no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Traballou durante 8 anos como xeógrafo na Área de Urbanismo e Ordenación do Territorio de IDOM. Na actualidade é profesor da Universidade de Vigo na área de Didáctica das Ciencias Sociais.

Ten publicado diversos traballos e artigos en revistas de ámbito estatal e internacional.

Como cantautor ten editado tres discos (Quen fixo berrar ao silencio -2005- Olladas dun entusiasta -2008- e Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo -2013-) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. A súa música amosa estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental.

Participou en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción.

O 28 de xuño de 2013 gravou o seu terceiro traballo discográfico en directo no Salón Teatro. Despois de 18 concertos por distintos lugares do país acompañado polo pianista Xavier Constenla, gravou ao vivo e en directo un novo disco. Para esa ocasión reuniu unha banda formada por Leo Gianetto (guitarras), Kike Calzonetti (baixo) e Rober Vázquez (batería). No concerto fixo repaso dos seus dous discos anteriores e presentou 9 temas inéditos. No disco tamén participaron artistas convidados como o cantautor madrileño Javier Bergia, o catalán Litus, r os galegos Roberto Sobrado e César de Centi así o frautista Luis Soto (frautista da Real Filarmonía e membro do Taller Atlántico Contemporáneo).

En febreiro de 2016 lanza Virada por Avante, producido e arranxado polo músico Fredi Marugán. Trátase do seu cuarto traballo no que se aprecia unha evolución nas composición e no estilo musical cara o folk-rock americano. O disco está composto por 11 cancións nas que se mistura a temática social coa sentimental. O tema de lanzamento do disco é "A luz entre a desorde" que conta cun lyric-video realizado e producido polo propio Xosé Constenla.