Noticias de Hoy
siniestro
Fecha: 17/06/2017
Horario: 22:00 a 22:00

Concierto de Siniestro Total en Santiago de Compostela

Concierto de Siniestro Total en Santiago de Compostela.

O 17 de xuño, a Cidade da Cultura adiántase ao Día da Música para celebralo por todo o alto cun dos grandes emblemas do noso rock: Siniestro Total.

A formación liderada por Julián Hernández subirá ao escenario da praza central a partir das 21 horas para interpretar algúns temas do seu último disco El mundo da vueltas, no que recolle as cancións que foi gravando nos últimos tempos para a súa difusión a través da rede, e parte do seu repertorio clásico con grandes himnos como Bailaré sobre tu tumba, Ayatollah ou Miña Terra Galega.

Nados no ano 82 en Vigo, Siniestro Total leva 35 anos subidos de forma ininterrompida sobre un escenario, cuns potentes directos que converterán a praza central do Gaiás nunha auténtica festa colectiva.