Noticias de Hoy
nao
Fecha: 07/12/2019
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto de Nao en Santiago

Concierto de Nao en Santiago.

■ Último concerto NAO Galiza + convidados e convidadas especiais | 7 de decembro ás 20h30 | Recinto Feiral de Amio (Santiago de Compostela) | Entradas: www.somosnao.com e www.enterticket.es

Tras catorce anos de historia de NAO, ofreceremos o noso derradeiro concerto o próximo 7 de decembro no recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela, e estamos preparando para a ocasión o que será un concerto único e irrepetible no que estaremos acompañados de músicas e músicos que formaron parte da historia da banda e que son, nalgúns casos, xa a nosa familia.

Compartiremos ese día tan especial cos antigos membros de Nao, con xente coa que xa colaboramos como Mini e Navia Rivas e tamén persoas que estiveron ao noso carón nesta última xira como SonDaRúa, Tanxugueiras, Nervo de Rebeliom do Inframundo ou Patty Castro. No concerto, no que repasaremos practicamente todo noso repertorio, estaremos tamén acompañados das voces de artistas como Picchio (Banda Bassotti), Sabela Ramil (OT), Pauliña, Gabri (DAKIDARRÍA), Luken Arkarazo, Roi (Treboada) ou a banda Odolaren Mintzoa. Manuel Varela estará ao fronte do acordeón no acústico, Carlos Narts ao teclado, Inés Duport ao violoncello e os tres ventos de Dakidarría tamén formarán parte desta gran festa da música galega para poñer fin aos nosos catorce anos de andadura.

Vide compartir connosco por última vez a emoción do directo, celebrar e vernos as caras! Agardámosvos!