Concierto de Andhrea & the Black Cats en Santiago

Fecha 12-11-2019
Hora 21:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto de Andhrea & the Black Cats en Santiago.

Andhrea & the Black Cats é un proxecto cuxa premisa principal é a de interpretar vellas cancións do blues, pero non acudindo aos temas máis coñecidos, senón indagando na historia e quitándolle o po a eses arquivos que narran historias vividas, desamores, añoranzas e de mil tristezas en xeral. Unha formación, cuxos directos se caracterizan por facer que o público se traslade a unha época onde o sol limitaba as horas de traballo e o algodón recollíase con pingas de suor, para así poder coñecer os quefaceres diarios dun pobre músico de blues, cuxo instinto para escribir unha canción era ter unha guitarra entre os seus dedos e plasmar en cancións o seu diario persoal. 

O repertorio desta banda supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslada ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores máis clásicos e cuxo transfondo, na maioría dos casos, segue tendo presenza hoxe en día.

Entre o seu percorrido profesional, podemos destacar que foron os gañadores do VI concurso da Societat de Blues de Barcelona, tocaron por salas relevantes de Barcelona como é o Campari Milano e en festivais nacionais como o Festival de Blues de Benicassim, o Outono Codax, Vilablues, o recente estreado  Black N?Blues Festival en Valladolido elSweet Cotton Festival de Xaén.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×