Noticias de Hoy
pink tones 1528190960.27.2560x1440
Fecha: 23/01/2021
Horario: 21:30 a 21:30

Concerto de Pinktones

Sábado 23 de xaneiro ás 21.30 horas na Sala Capitol

Pink Tones presentan o seu novo espectáculo e xira  Childhood´ s  End:  the  Pink Floyd Narrativa, un novo concepto de show co que actuarán polos teatros e salas de toda España e Portugal.  Childhood´ s  End é unha homenaxe á extensa obra musical de  Pink Floyd, pero nesta ocasión,  Pink  Tones cóntannos a extraordinaria historia da mítica banda británica a través das súas cancións, poñendo o acento en instantes moi concretos da súa traxectoria. As súas orixes, as súas transicións, os seus problemas, a súa evolución, o seu final... sempre desde o máis coidado e profundo respecto. Lonxe de ser un simple repaso cronolóxico dos seus éxitos, ten un enfoque máis conceptual e persoal, e así abrir unha nova forma de entender a historia e música dunha das bandas máis influentes no mundo do Rock, interpretada e dirixida por Pink Tones.  Pink  ones cumpre 16 anos sobre os escenarios interpretando a música de  Pink Floyd. Máis dunha década afinando un espectáculo preciso e elegante pero cheo de paixón. Sen caricaturas, sen caer no fácil, estudando palmo a palmo a extensa obra dos Floyd, as súas paisaxes sonoras, a súa técnica, a súa filosofía de vida, as reviravoltas dos seus espectáculos... Algo parecido a un traballo de arqueoloxía musical, como ás veces chancean, pero que Pink  Tones rescata e fai volver á vida.